DigiTalent – Actuacións para o impulso das vocacións STEM de xuño a outubro do 2021

Durante os próximos meses activaranse as seguintes actuacións do catálogo DigiTalent, co obxectivo de promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre as persoas máis novas:

 

  • Mática. Campamento de talleres e charlas de distintas temáticas tecnolóxicas para rapazas da ESO, bacharelato e/ou formación profesional dirixidos por profesoras e investigadoras das Universidades de Galicia nos campus de A Coruña, Santiago e Ourense e a través de sesións online. (Detalle)

 

  • Encontros con profesionais TIC. Rapaces e rapazas de 6 a 18 anos poderán interactuar, en sesións a través de streaming, cun profesional TIC experto en temáticas como os videoxogos, animación 3D, robótica, cidades intelixentes, coches autónomos ou internet das cousas. (Detalle)

 

  • GirlSTEAM. Programa de obradoiros formativos prácticos presenciais dirixidos a nenos e nenas de 8 a 15 anos, por quendas de idades, encamiñados a dar maior visibilidade aos roles das mulleres no sector das TIC. (Detalle)

 

Ademais, de cara ao vindeiro curso lanzaranse novas actuacións como Ciberseguranza Kids, para a divulgación e fomento da ciberseguridade entre as persoas máis novas a través de contacontos ou Scratch day, unha xornada para achegar as posibilidades da programación informática a familias e persoal de formación.

 

Todos os detalles destas actuacións así como as instrucións para participar irán actualizándose no espazo web digitalent.xunta.gal/gl/actividades/infancia-adolescencia