O proxecto Dixit acaba de poñer a disposición da comunidade educativa 16 contidos dixitais (7 novos e 9 actualizacións) para as materias de Física y Química, Matemáticas, Bioloxía e Xeoloxía, Xeografía e Historia e Ciencias Sociais.
Estes contidos son o resultado da terceira fase da iniciativa DIXIT e foron probados nas aulas, como paso previo á posta a disposición gratuíta para toda a comunidade educativa.
Na materia de Física y Química, publícase o contido “Visita a la Central Nuclear” que permite ao alumnado poñerse aos mandos dunha central e subministrar a enerxía necesaria para a unha cidade, aprendendo mediante a experimentación o proceso de xeración e distribución de enerxía segundo a necesidade enerxética.
Dentro da área de Matemáticas, na iniciativa de Laboratorio xeométrico, actualízase o contido “Iniciación a los cuerpos geométricos” e publícanse dous novos recursos: “Áreas de cuerpos geométricos”, para aprender a calcular áreas das figuras xeométricas e coñecer a fondo as súas formas, construíndo peza a peza os seus despregamentos, e “Visión holográfica” na que se propón ao alumnado a construción dunha a pirámide holográfica a través da cal poderá visualizar contido interactivo en hologramas 3D das figuras xeométricas e as animacións dos seus despregamentos. Esta primeira versión inclúe a visualización das pirámides, e completarase en próximas versións con novas figuras.
Nas materias de Bioloxía e Xeoloxía, incorpórase a “Guía da Ciencia Cidadá na aula”, que ofrece as pautas para integrar na aula proxectos de ciencia cidadá e converte ao alumnado en verdadeiros científicos/as achegando valor en investigacións científicas reais ao tempo que aprenden a materia de bioloxía. Ademais actualízanse seis snack experiment: A terra é redonda, Presión atmosférica, Tensión superficial, Fotosíntese, e Os nosos océanos. Trátase dunha colección de demostracións interactivas de distintos experimentos curtos realizados con materiais caseiros cos que o alumnado poderá presentar hipóteses, practicar e alcanzar conclusións a través da súa propia experiencia. Utilízase como ferramenta principal o vídeo cuxas secuencias se mostran en función da interacción do usuario. Dispoñibles en castelán, galego e inglés, subtitulados e traducidos á linguaxe de signos para garantir accesibilidade e atención á diversidade.
Na materia de Xeografía e Historia, actualízase o contido “A túa misión espacial”, e publícase a súa continuación: “A túa misión á terra”, que permite observar a Terra desde o espazo para aprender as coordenadas, fusos horarios e moitas curiosidades sobre o noso planeta.
Publícase tamén un novo recurso: “Invasión Zombie” no que o alumando terá que aprender e interpretar climogramas de distintos lugares do planeta e buscar zonas para instalar refuxios viables para poder salvar á humanidade dunha invasión zombie.
Na materia de Ciencias Sociais publícase o primeiro contido da iniciatica de Misión Sistema Solar, “As Orixes do Universo”, no que o alumnado viaxará polo universo e descubrirá as teorías da súa orixe da man de Stephen Hawking.
O obxectivo de DIXIT é aproveitar as capacidades técnicas e innovadoras dos sectores tecnolóxico e audiovisual e os coñecementos pedagóxicos do profesorado galego, tendo en conta as súas necesidades, para incrementar a oferta de recursos dixitais dispoñibles para a comunidade educativa galega. Todos os contidos da iniciativa Dixit están publicados:
No espazo Dixit temático de espazoAbalar
No repositorio de contidos de espazoAbalar:
https://recursos.edu.xunta.gal/
Na plataforma EVA (E-Dixgal):