Evento virtual de fin de curso do programa "Digicraft no teu cole"

Para finalizar a primeira edición do programa "Digicraft no teu cole 2019/20", celebrarase o próximo venres 19 de xuño, un evento virtual de fin de curso moi especial. A Fundación Vodafone España, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, farán un repaso deste primeiro ano do programa educativo, amosarán os cómics presentados polos centros participantes ao Reto Digicraft, lanzado nas semanas previas, e notificarán o centro gañador do reto Digicraft Online.

O acto virtual terá unha duración duns 45 minutos e nel, tanto o profesorado como o alumnado e as súas familias, poderán desfrutar do traballo dos seus compañeiros e compañeiras, e de multitude de sorpresas.

O acto celebrarase o venres 19 de xuño, as 12.00h en modalidade online, a través do enlace: https://www.youtube.com/watch?v=_58yeGaHo4Y

 

Imaxe
Digicraft no teu cole