O 16 de marzo arranca a 3ª edición do curso online, gratuíto e de curta duración “Menores e seguridade na rede”

INTEF, o INCIBE e a AEPD,  poñen en marcha dende o mércores 16 de marzo ata o venres 25, a 3ª edición de “Menores e seguridade na rede”, de curta duraciónen liña e de xeito totalmente gratuíto.

Esta iniciativa, destinada a docentes, titores, equipos directivos de centros educativos, proxenitores e familias persegue o obxectivo de dar a coñecer pautas, ferramentas e estratexias que permitan evitar os riscos dun uso inadecuado ou pouco seguro da rede por parte dos menores, así como orientalos e acompañalos no entorno dixital e salvagardar a súa intimidade e benestar persoal. Ao longo da formación facilitaranse recursos prácticos e vídeos explicativos que se poderán empregar no ámbito educativo e familiar.

É preciso realizar a inscrición  nesta ligazón para poder realizar o curso.

Pódese obter máis información no espazo web oficial da iniciativa.