Plan DigiTalent - Lanzamento de actividades para o impulso de vocacións STEAM

Xa están activas as actuacións do catálogo do Plan DigiTalent, que a continuación se recollen e que perseguen promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre os/as máis novos/as:

Tecnólog@ por un día. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a impulsar unha nova edición do programa Tecnólogo por un día no marco do Plan DigiTalent para achegar as profesións dixitais a estudantes de 12 a 17 anos, co que terán a oportunidade de experimentar, en primeira persoa, unha xornada laboral con profesionais das empresas do sector TIC en Galicia.

Nesta quinta edición, marcada pola volta á presencialidade, ofértanse máis de 60 prazas, distribuídas en dous grupos de idade: de 12 a 14 anos e de 15 a 17.

período de inscrición estará aberto ata o 3 de novembro de 2021. Desde os centros educativos, o persoal docente poderá realizar as solicitudes de inscrición do alumnado interesado en participar na actividade a través do formulario dispoñible no espazo web no que deberán subir a autorización asinada polos pais/nais/titores legais.

A documentación de referencia con máis detalles do programa están dispoñibles na web DigiTalent

Encontros con Profesionais TIC.  Rapaces e rapazas de 6 a 18 anos poderán interactuar, en sesións a través de streaming, cun profesional TIC experto en temáticas como os videoxogos, animación 3D, robótica, cidades intelixentes, coches autónomos ou internet das cousas. (Detalle)

Todos os detalles destas actuacións así como as instrucións para participar irán actualizándose no espazo web digitalent.xunta.gal/gl/actividades/infancia-adolescencia.

Para calquera aclaración ou consulta ao respecto, poden dirixirse á dirección de correo electrónico digitalent@xunta.gal.