Publicados novos videotitoriais para docentes e familias: uso de Agueiro - comunidades educativas dixitais, e como instalar e rexistrarse na app abalarMóbil

Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 10 videotitoriais onde se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos:

  • un sobre como realizar o proceso de descarga,  instalación e rexistro na app abalarMóbil
  • un sobre o uso da ferramenta de e-portfolio e comunidades educativas dixitais Agueiro
  • dous sobre o uso das videoconferencias eduXunta Webex, por parte do profesorado e do alumnado
  • un sobre o o uso da mensaxería na comunicación cas familias por parte do profesorado a través de espazoAbalar
  • e cinco sobre as funcionalidades básicas das Aulas Virtuais dos centros educativos (crear cursos, crear etiquetas e engadir ficheiros, crear tarefas para o alumnado, corrixir ditas tarefas e, a creación e xestión de foros).

 

Os videotitoriais están dispoñibles na canle Youtube de espazoAbalar e no Espazo de servizos dixitais educativos dentro das seccións App de comunicación abalarMóbil, Ferramenta de portfolio Agueiro, Servizo de videoconferencia, Servizo de comunicación espazoAbalar e Aulas Virtuais.

Estes recursos veñen a reforzar todos os materiais e manuais empregados nos procesos de formación do profesorado e que están publicados no Espazo de servizos dixitais educativos do espazoAbalar e na Aula Abalar Aberta.