Reto Digicraft

A Fundación Vodafone e a Xunta de Galicia convocan aos participantes no Proxecto Digicraft a participar no Reto Digicraft, unha actividade colaborativa e dixital, onde se reta ao alumnado e profesorado participante a desenvolver de xeito colaborativo e online un cómic dixital facendo uso dos recursos do proxecto.

Desde DigiCraft proporcionarase a historia base do cómic, os escenarios e personaxes, de forma que o alumnado só terá que completar o texto e debuxar as súas propias viñetas.

Os centros interesados en participar deberán remitir un formulario de contacto antes do día 25 de maio de 2020.

O centro que presente o mellor cómic dixital, gañará un kit de Realidade Aumentada e Videoxogos e un kit de Intelixencia Artificial e Robótica.

Información sobre o Reto Digricraft

Bases do concurso

Formulario de participación (galego)

Formulario de participación (castellano)

Imaxe
El Retoo DigiCraft