Xornadas de formación “Espazos de Ciberseguridade” para o profesorado.

O INCIBE volve a por en marcha as xornadas de formación “Espazos de Ciberseguridade” para o profesorado.

Estas xornadas van dirixidas ao profesorado que imparta algunha sinatura relacionada coas novas tecnoloxías, co obxectivo de  capacitalos como formadores, de maneira que adquiran as habilidades precisas para impartir posteriormente obradoiros de ciberseguridade aos seus alumnos.  

As xornadas realízanse en modalidade online, e contan cunha duración aproximada de 9 horas distribuídas en dúas mañás ou dúas tardes, acorde ás necesidades do profesorado receptor da formación.

Estas xornadas son completamente gratuítas, e consisten en dous obradoiros online onde se traslada aos profesores as temáticas que INCIBE destina aos estudantes. Trataranse coñecementos de ciberseguridade, dando por suposto que o profesorado asistente ten suficientes coñecementos teóricos das novas tecnoloxías. Tamén se facilitarán materiais de apoio que o profesorado poderá empregar cando imparta os obradoiros ao alumnado, e realizaranse os principais exercicios dos obradoiros de maneira tutelada.

Para asistir a estes espazos de ciberseguridade, é preciso solicitalo previamente escribindo ao enderezo de correo espacioscs_profesores@incibe.es.

Cóntase cun número máximo de xornadas a impartir durante o curso escolar, por elo, recoméndase que de estar interesados, se soliciten coa maior axilidade posible.

Para obter mais detalles ou información acerca das citadas xornadas pode consultarse o seguinte espazo web: Espazos de ciberseguridade para profesores