Espazos
Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para poder crear a súa propia comunidade educativa dixital donce poderá participar todo o profesorado e alumnado do propio centro. Agueiro está baseado no software “Mahara”, unha aplicación web de software libre para a xestión de e-Porfolios e redes sociais educativas.
Agueiro combina as funcionalidades de comunidade educativa dixital, portafolio dixital educativo e espazo persoal de almacenamento na nube. Todos o profesorado dos centros educativos de Galicia que dispoñan de unna conta de correo “usuario@edu.xunta.gal” poden acceder directamente a Agueiro introducindo as súas credenciais persoais.
Para poder dar de alta aos seus alumnos, o centro educativo debe dispoñer dá a súa propia comunidade educativa dixital dentro de Agueiro.
Agueiro é unha plataforma que proporciona unha contorna virtual de aprendizaxe moi diferente a outros contornas como Moodle, aínda que estas diferenzas non implican que sexan incompatibles senón que mesmo poden chegar a ser complementarios.
Moodle |
Agueiro |
|
|
O uso dos portafolios dixitais na educación introduce e reforza varios aspectos
- Fomenta a autonomía do alumno na súa aprendizaxe.
- Responsabiliza ao alumno do seu propio proceso formativo.
- Obriga ao alumno para reflexionar sobre o que aprende e como o aprende.
- Potencia o desenvolvemento de destrezas colaborativas por parte dos alumnos cos seus compañeiros.
- Desenvolve a capacidade do alumno para resolver problemas en situacións novas.
Para que serve Agueiro?
- Para que o alumno rexistre as evidencias ou mostras da súa aprendizaxe e así poder avaliar os seus progresos dunha maneira continuada.
- Para que o profesor estea sempre informado sobre o nivel de competencia que vai adquirindo cada alumno durante o seu proceso de aprendizaxe.
- Para crear e favorecer unha contorna de aprendizaxe nun contexto dixital, diferente ás aulas tradicionais.
- Para que o alumno poida compartir cos demais as súas experiencias de aprendizaxe.
Traballando con Agueiro, en 7 pasos
1.- Elaborar un plan de traballo
O profesor elabora unha páxina que posteriormente compartirá cos seus alumnos. Esta páxina contén o plan de traballo.
- Plan de traballo
- Obxectivo xeral
- Tarefas nas que se divide o plan
- Temporalización e prazos
- Documentos, contidos, ligazóns ..
- Outras fontes de información
2.- Analizar o plan de traballo
Os alumnos, individualmente ou en grupo, analizan o plan de traballo proposto.
- Consultan as dúbidas
- Interiorizan o obxectivo xeral
- Entenden cada unha das tarefas
- Asimilan a temporalización
- Verifican os contidos propostos
- Comproban as ferramentas
3.- Documentarse e informarse
- Os alumnos comenzan a consultar a documentación e os contidos propostos polo profesor para este plan de traballo.
- O alumno preguntará ao seu profesor todo o que non entenda ou aquelo para o que necesite unha aclaración.
4.- Realizar as tarefas propostas
- Os alumnos realizan todas as tarefas nas que se divide o plan de traballo.
- Cada tarefa realizada producirá como resultado unha ou varias evidencias que serán a proba do traballo e da competencia do alumno.
5.- Elaborar a páxina do alumno
- Cada alumno crea a súa propia páxina, onde irá incorporando todas as evidencias resultantes do seu traballo.
- No caso dun traballo colaborativo, crearase unha páxina de grupo onde cada alumno incorporará as súas evidencias.
6.- Avaliación do profesor
- Os alumnos comparten as súas páxinas co seu profesor, para que este poida valorar e avaliar o seu traballo.
- No caso dun traballo de grupo, o profesor valorará tanto o traballo colaborativo como o traballo individual de cada alumno.
7.- Reflexionar sobre a aprendizaxe
Durante todo o proceso de aprendizaxe anterior o alumno experimentará diversas circunstancias:
- Xurdiranlle dificultades que deberá resolver.
- Aprenderá moitas cousas novas.
- Comprenderá facilmente algunhas cousas, pero outras non.
- Descubrirá relacións entre o que aprende e a contorna que o rodea.
- Aprenderá a traballar dunha maneira diferente.
- Aprenderá a manexar ferramentas novas.
- O alumno irá anotando no seu blog persoal (en Agueiro) todas estas experiencias a modo de reflexión sobre elas, polo menos unha vez en cada plan de traballo.
