Main navigation
En ocasións un usuario de Drupal pode necesitar crear un contido para que sexa visible únicamente por un determinado grupo de persoas, é dicir, que non sexa un contido público de maneira que calquera persoa que visite a páxina web poida visualizalo e que tampouco sexa indexado por un robot dun buscador, como por exemplo Google.
Coa axuda do módulo "Protected Node" podemos acadar isto, protexendo cun contrasinal unha publicación de calquera tipo: páxina, entrada de blog, un formulario, etc.
A continuación veremos, paso a paso, como debemos proceder para crear un contido protexido en Drupal.
Activar o módulo "Protected Node"
O seguinte paso será activar ou habilitar os permisos necesarios para utilizar este módulo, polo que accedemos con permisos de "administrador" á páxina web introducindo as nosas credenciais de "administrador" e a continuación dirixímonos á páxina de "Administrar" e ao apartado "Construción da páxina". Seguidamente prememos sobre a sección "Módulos".
A continuación, activamos o módulo "Protected Node"
Habilitar os permisos necesarios
Tamén é necesario habilitar os permisos para a creación de contidos protexidos con contrasinal e para a súa visualización. Para iso é necesario ir á area de Administración > Mantemento de usuarios > Permisos
Aínda que a configuración dos permisos é algo moi persoal, a seguinte proposta pode resultar de utilidade:
Con esta configuración de permisos que se mostra na imaxe anterior, calquera usuario que acceda á web inserindo as súas credenciais, (un usuario rexistrado), pode visualizar os contidos directamente , sen embargo os usuarios anónimos terán que teclear o contrasinal configurado na propia publicación para poder visualizalos. Se o usuario anónimo (visitante) non coñece o contrasinal configurado para ese contido, non poderá visualizalo.
Creación dunha páxina protexida
Agora que xa temos realizada toda a configuración previa, podemos crear unha páxina protexida.
En primeiro lugar hai que premer en "Crear contido" no bloque de navegación do usuario e seguidamente escollemos a opción "Páxina", aínda que en realidade poderiamos seleccionar calquera outro tipo de contido.
Engadimos o título e seleccionase, no caso de desexalo, a taxonomía e o termo asociado á mesma onde queiramos que se publique esta páxina.
Escribimos o contido da páxina e despois, na opción despregable que aparece máis abaixo titulada "Protexer con contrasinal este/a Páxina" inserimos o contrasinal desexado. É conviente que o contrasinal teña certa fortaleza, por exemplo engadindo 8 caracteres, con maiúsculas, minúsculas, números e caracteres non gráficos.
Finalmente, gardamos os cambios e publicamos a páxina
Deste xeito, e tendo en conta os permisos configurados nos pasos anteriores, un usuario anónimo, é dicir, un visitante que visualiza a páxina terá que introducir o contrasinal para ver os contidos, tal e como amosa a seguinte imaxe:
Polo contrario, n usuario que accede ao Drupal inserindo as súas credenciais (usuario rexistrado), como pode ser o caso dun docente, e sempre que se configuraran os permisos segundo o explicado anteriormente, visualizará directamente os contidos sen necesidade de inserir o contrasinal da publicación.