Main navigation
O grego clásico que se estuda nos centros de ensino, en primeiro e segundo de bacharelato, utiliza un sistema politónico que fai preciso usar un teclado específico se queremos escribilo correctamente.
Neste artigo explico a instalación e uso do mapa de teclado grego politónico DA9LINUX, modificado para persoas destras, zurdas e ambidestras. Partindo do ficheiro de mapa de teclado grego politónico que vén na maqueta Abalar libre 20.3, fixen unha adaptación do propio ficheiro para cambiar a disposición dos signos ortográficos asociándoos ás teclas de función F1, F2, F3, ... etc.
Esta adaptación facilita moito ao alumnado a escritura rápida en grego antigo utilizando os equipos que teñan instalada a maqueta Abalar libre, xa que permite usar ámbalas dúas mans de xeito equilibrado.
Engándense tamén algunhas letras de interese para o profesorado de grego: numerais arcaicos stigma, sampi, koppa; a digamma; a sigma lunar; as variantes caligráficas de beta, zeta e kappa; algún carácter do panfilio; os signos de larga e breve para engadilos ás vocais α, ι, υ; e o guión normal e guión longo.
Instalación do mapa DA9LINUX
Uso do mapa DA9LINUX
A disposición orixinal chamada "Hellenic Keyboard Map for X.org" foi creada por Costas Georgíou, modificada e actualizada posteriormente por Vasilis Vasaitis, e contou tamén coas valiosas aportacións de Ivan Pascal.
Con esta nova versión, aporto cambios nos signos ortográficos do mapa desprazándoos ás teclas superiores de función así como novas letras e caracteres engadidos.
Ficheiro coa plantilla GR:
Outros ficheiros
Autor: Daniel García Cancio
Profesor de grego e xefe do departamento
Centro educativo: IES As Lagoas (Ourense)