Aulas Móbiles: un novo concepto de aula de informática

A iniciativa Aulas Móbiles é unha actualización do modelo de aulas TIC no ámbito dos centros de Educación Primaria, tendo en conta as actuais dinámicas pedagóxicas de emprego do equipamento TIC polo alumnado e contando coa paulatina extensión da cobertura WiFi aos espazos docentes.

En que consiste a iniciativa de Aulas Móbiles?

O obxectivo é que os centros de Educación Primaria conten coa suficiente dotación de equipos desta iniciativa para poder acadar ao mesmo tempo dous obxectivos:

  • Atender as necesidades de préstamo para as familias en situación de risco dixital.
  • Dispoñer no centro educativo de equipos suficientes para que o alumnado dun determinado grupo, cando así o considere, poida empregar os equipos na súa propia aula.

Ese equipamento de Aula Móbil poderá empregarse en calquera das aulas do centro. Neste sentido, este novo concepto de Aula Móbil posibilita un uso máis flexible de todos ou parte dos equipos informáticos nos centros educativos xa que permite empregar simultaneamente en varias aulas algúns equipos para traballos por grupo ou calquera outro tipo de uso compartido que así se organice desde o propio centro educativo.

 

Remote video URL