DigiTalent – Actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas no 3º trimestre do 2022.

O catálogo DigiTalent continúa no terceiro trimestre o fomento das vocacións tecnolóxicas entre os máis novos e novas e o impulso do talento galego na súa incorporación ao mundo laboral co desenvolvemento das seguintes iniciativas de xullo a setembro do 2022:

  • Webinars TransformaTech Sessions: A categoría de Talento Xove, na súa modalidade enfocada a Centros educativos de bacharelato ou Formación Profesional impartirá os encontros virtuais sobre tecnoloxías disruptivas ata o 30 de setembro. Liderados pola Amtega, perseguen implicar á mocidade nas novas tendencias tecnolóxicas e na súa aplicación nunha sociedade cada vez máis dixital. (Detalle)
    • Período de inscrición: Ata o 30 de setembro do 2022.

 

  • Visitas ao Museo Didáctico das Telecomunicacións. Os centros educativos interesados poderán concertar unha visita, para percorrer a historia da telefonía e as telecomunicacións. Trátase dunha visita deseñada dunha forma moi dinámica e práctica, na que os asistentes poderán coñecer en primeira persoa o funcionamento de diversos elementos históricos como telégrafos, terminais telefónicos, centrais, cables ou radios. (Detalle)
    • Período de inscrición: Ata o 31 de agosto do 2022.

 

  • Girl STEAM. Obradoiros formativos desenvoltos pola Amtega en colaboración coa Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) que se levarán a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro. O obxectivo destas sesións é dar maior visibilidade aos roles da muller no sector TIC dunha maneira práctica co fin de motivar e facer un uso creativo da tecnoloxía entre as nenas e nenos de 8 a 15 anos. (Detalle)
    • Período de inscrición: Ata o 2 de setembro do 2022.

 

  • VII Scratch Day. Iniciativa de carácter familiar orientada a divulgar os valores da programación informática entre rapaces e rapazas de 6 a 16 anos, de xeito que os escolares acceden a esta contorna técnica de forma lúdica e divertida, tendo en conta como valor engadido que a través da programación se incentivan a creatividade e o emprendemento e se melloran a motivación, a autonomía e a capacidade de resolución de problemas. (Detalle)

 

  • Ciberseguranza Kids II Edición. Programa de contacontos en centros educativos impulsadas pola Amtega en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) que ten por obxectivo achegar aos máis novos e novas os valores e oportunidades na esfera dixital, pero tamén as normas e límites para un uso seguro da Internet, coa divulgación da ciberseguridade entre os máis pequenos. Como novidade para este curso, impartiranse tres sesións nas instalacións do GaiásTech. (Detalle)

 

  • Visitas ao Data Center de Altia. Iniciativa dirixida a centros educativos no que os alumnos e alumnas participantes terán a oportunidade de visitar o centro de servizos xestionados do Data Center de Altia situado en Vigo. O obxectivo da actividade será Impulsar o interese dos máis novos e novas nas novas tecnoloxías, fomentando o atractivo das profesións científico-tecnolóxicas. (Detalle)
    • Período de inscrición: A partir do 1 de setembro do 2022.

 

Accede á infografía de actividades do terceiro trimestre ou consulta todos os detalles e instrucións para participar nestas actuacións na web digitalent.xunta.gal/gl/actividades/infancia-adolescencia.