DigiTalent – Actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas no 4º trimestre do 2022

O catálogo DigiTalent continúa a fomentar as vocacións STEAM entre os máis pequenos e pequenas, impulsando o talento galego dende idades temperás cun catálogo de actuacións planificadas de outubro a decembro do 2022:

  • Tecnólog@ por un día: A Amtega impulsa unha nova edición do programa Tecnólog@ por un día, co que achega as profesións dixitais a rapaces e rapazas de 12 a 17 anos. A partir do 13 de outubro, o persoal docente pode inscribir ao alumnado interesado en participar nesta edición, que conta con máis de 50 prazas para experimentar una xornada laboral inmersiva nas empresas colaboradoras do sector TIC.(Detalle)
    • Período de inscrición: Do 13 de outubro ao 2 de novembro do 2022.
  • Visitas ao Data Center de Altia: Co inicio do curso, Altia Consultores volve a ofrecer aos centros educativos interesados a oportunidade de visitar o centro de servizos xestionados no seu Data Center situado en Vigo, que conta con 400 m2 de salas técnicas. Trátase dunha visita guiada polas instalacións coa que se busca espertar o interese dos máis novos e novas nas novas tecnoloxías e mellorar a visión que teñen das profesións científico-tecnolóxicas. (Detalle)
    • Período de inscrición: A partir do 1 de setembro do 2022.
  • Ciberseguranza Kids II Edición. Programa de contacontos en centros educativos galegos impulsado pola Amtega en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que busca achegar aos cativos os valores e oportunidades que ofrece o novo mundo dixital, facéndoos partícipes dun xeito lúdico-formativo das normas e límites para o uso seguro da Internet. A versión dixital do conto estará dispoñible para descarga na web DigiTalent. (Detalle)

 

Accede á infografía de actividades do cuarto trimestre do 2022 ou consulta todos os detalles e instrucións para participar nestas actuacións na web digitalent.xunta.gal/gl/actividades/infancia-adolescencia.