Espazos
Aberto o prazo de inscrición para a III Edición do Concurso Ciberseguridade no cole! Para alumnos de 10 a 14 anos. Ata o 9 de outubro os centros educativos poderán rexistrarse para participar.
Chega a III Edición do exitoso concurso Ciberseguridade no cole!
Desde hoxe ata o 9 de outubro está aberto o prazo de inscrición. O concurso está dirixido aos niveis de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria. Esta actividade, organizada por Telefónica, é promovida polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal no marco do III Encontro CIBER.gal.
O obxectivo do concurso é concienciar aos escolares sobre os riscos aos que se enfrontan cando empregan as tecnoloxías dixitais á vez que poden aprender sobre boas prácticas en ciberseguridade no seu día a día dunha maneira amena e divertido acorde á súa idade.
Ciberseguridade no cole! contará de novo cunha fase en liña que será celebrada o 18 de outubro, e unha final presencial o día 3 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Para participar, é preciso inscribirse neste formulario antes do 9 de outubro.
Na final presencial contarase coa participación da presentadora galega Esther Estévez (DígochoEU), que acompañará aos finalistas na dinamización da fase final.
Os detalles do concurso e as súas bases legais poden consultarse nas seguintes ligazóns:
No Encontro CIBER.gal, promovido é organizado polo Nodo CIBER.gal, tamén haberá outras actividades de interse para todo o colectivo educativo. Ao finalizar este concurso, de sucesivo celebrarase unha obra de teatro sobre ciberseguridade enfocada á contorna educativa e unha práctica intervención a cargo de INCIBE: “Sobe de nivel en ciberseguridade”, unha dinámica aberta a todos os escolares participantes nas que se descubrirá sinxelas pautas de ciberseguridade de carácter práctico e aplicables no uso diario de dispositivos e plataformas en liña.
Proximamente publicarase o programa completo do encontro e tamén será aberta a inscrición para o resto de actividades.
