III Encontro CIBER.gal

Compartindo o obxectivo da Unión Europea co Mes Europeo da Ciberseguridade, a Xunta de Galicia, a través do nodo CIBER.gal, celebrará o III Encontro Galego de Ciberseguridade os próximos días 2 e 3 de novembro na Cidade da Cultura. Xa está aberta a inscrición, que é gratuíta tanto se se quere seguir online como para asistir de xeito presencial. Haberá sorteos entre a audiencia que se achegue á Cidade da Cultura.

Nesta ocasión, faise especial fincapé nas actividades destinadas aos escolares maiores de 14 anos, que poderán desfrutar e aprender sobre o bo uso da tecnoloxía o venres 3 de novembro dende as 12:30h ata as 14:30h.

As actividades das que poderán aprender e desfrutar o alumnado maior de 14 anos, deseñadas e organizadas de xeito específico para eles, son as seguintes:

  • 12:40 "Tecnoloxía inclusiva: a muller na ciberseguridade": un panel composto por recoñecidas mulleres que desenvolveron a súa carreira no eido tecnolóxico, concretamente na ciberseguridade, e a día de hoxe teñen grandes éxitos. Falarán da magnífica oportunidade de poder adicarse a esta rama do sector por parte do xénero feminino. Un sector que non para de crecer e demandar perfís especializados.
  • 13:15 "A ciberameaza da miña rede social": a coñecida comunicadora Esther Estévez do DígochoEU, dará unha entrevista na que falará sobre a mala práctica de lanzar comentarios negativos a través das redes sociais. Fará ver aos rapaces e rapazas que detrás de cada perfil das redes sociais, sexa unha persoa recoñecida ou anónima, hai unha persoa real á que se debe respetar e non ferir. Como saberedes, lamentablemente temos á orde do día este tipo de acontecementos e é moi importante concienciar e sensibilizar sobre as malas prácticas nas redes sociais.
  • 13:40 "Quen ten un dato, ten un tesouro. Esencia da ciberdelincuencia. Por qué interesa ao ciberdelincuente a miña información?": a Policía Nacional dará un relatorio para facer ver aos asistentes que absolutamente todos somos susceptibles de que nos rouben os nosos datos, nos suplanten a identidade... é dicir: podemos ser obxectivo dun ciberdelincuente, e é importante coñecer as ciberameazas para non caer nelas.  

Os centros educativos interesados en aproveitar esta oportunidade e asistir co seu alumnado para que poidan aprender e desfrutar destas actividades, é preciso que o/a seu/súa  titor/a se dirixa a inscricions-encontrocibergal@xunta.gal antes do 31 de outubro ás 14 horas e indique o número de prazas que precisa para reservalas.

Para calquera consulta ou aclaración, poden dirixirse ao mesmo enderezo electrónico.
 

Imaxe
III Encontro CIBER.gal