Novo curso de formación gratuíto para docentes e educadores sobre “Educar en privacidade e seguridade dixital”

A formación ofrecerá ao profesorado participante un coñecemento xeral da rede e das tecnoloxías que empregan os menores, así como pautas para axudar ao seu alumnado a facer un uso seguro e responsable da rede.

O Instituto Nacional de Ciberseguridade (INCIBE), lanza en colaboración co Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e de Formación do Profesorado (INTEF) e a Axencia Española de Protección de Datos (AEPD), un novo curso de formación sobre educación en privacidade e seguridade dixital.

O curso, en formato MOOC (Massive Online Open Course), celebrarase dende o vindeiro 25 de outubro ata o 8 de decembro, cunha duración total de 30 horas distribuídas a razón de 5 horas á semana.

Baixo o título ‘Educar en seguridade e privacidade dixital’, o curso ofrecerá unha visión xeral das problemáticas relacionadas coa experiencia dixital dos menores e irá dirixido a docentes de todas as etapas educativas.

Abordaranse temas como a alfabetización mediática do alumnado, a identidade dixital e privacidade, e a importancia da idea de benestar no entorno dixital dos menores, dando así útiles pautas aos docentes para aplicar na aula.

O curso rematará tratando a xestión da ciberseguridade no traballo docente.

Todos os interesados poderán inscribirse na plataforma de formación INTEF