Novos contidos educativos dixitais

Nova ampliación de recursos dentro do Repositorio de Contidos Educativos, con novos contidos educativos en formato dixital creados polo profesorado galego no contexto das licenzas por formación do curso 23/24, das modalidades 1a e 1b.

 

ObraDOiro musical

Autor: Iván Suárez Prada

Imaxe
Obradoiro musical

Descrición: Colección de 7 ODEs. Este proxecto está deseñado para dar resposta a todas estas incógnitas, ao tempo que faremos unha viaxe guiada pola industria musical a prol de discriminar as principais profesións que integran o sector, e coñecer a labor de cada unha das persoas que interveñen neste proceso dende principio a fin.
Emprega unha orientación metodolóxica activa, de xeito que será o propio alumnado o que progresivamente e a través das diferentes Obxectos Dixitais Educativos que compoñen o proxecto, teña que desenvolver o rol de cada un destes axentes do mercado musical ao tempo que vai dándolle forma a súa propia creación. Trátase pois dunha perspectiva globalizada que abarca a totalidade dos bloques de contido, na que traballaremos ámbitos como a composición musical e a instrumentación, o arranxo e edición de partituras empregando a linguaxe musical, a creación da letra, a gravación e a mestura, e por suposto a práctica musical. Todo iso apostando pola inclusión das novas tecnoloxías aplicadas á música, procurando un desenvolvemento competencial integral do alumnado pero establecendo a competencia dixital como fío conductor do proceso.

 

ODEs do proxecto:

ObraDOiro musical: Quentando motores (UD 1)
ObraDOiro musical: Xeneralizando (UD 2)
ObraDOiro musical: Role Playing (UD 3)
ObraDOiro musical: Escaleira musical (UD 4)
ObraDOiro musical: Malabaristas da lírica (UD 5)
ObraDOiro musical: Maquinando (UD 6)
ObraDOiro musical: Mesturando (UD 7)

 

Music Factory

Autoras: Lorena Varela Guzmán e Yolanda Varela Guzmán

Imaxe
Misic factory

Descrición: Music Factory é un proxecto interdisciplinar de oito unidades que abrangue o contido do curso completo da materia de Linguaxe Musical de 1º curso de Grao Elemental de Conservatorios en lingua inglesa.

Está dividido en 7 ODEs.

ODEs do proxecto:

Music Factory unit 1
Music Factory unit 2
Music Factory unit 3
Music Factory unit 4
Music Factory unit 5
Music Factory unit 6
Music Factory unit 7

 

Matemáticas interactivas

Autor: José Manuel Boo Pouso

Imaxe
Matemáticas interactivas

Descrición: Paquetes de actividades con Ardora nas que se traballa, entre outras cousas, contidos e actividades sobre os elementos básicos da xeometría: o punto, a recta, a semirrecta, o segmento, o plano e o ángulo; os polígonos (elementos que os conforman, clasificacións, suma de ángulos, triángulos, cuadriláteros, perímetros e áreas... ); circunferencia e círculo, poliedros e corpos redondos, simetrías, translacións e xiros ; teoremas e trigonometría: teoremas da altura, cateto, Pitágoras e Tales; semellanzas e trigonometría básica. Abrangue ademais dos contidos de matemáticas; libro sobre un famoso matemático histórico con actividades sobre o mesmo, actividades de matemática recreativa (lóxica matemática), actividades de vocabulario en lingua inglesa, ligazóns a xogos e vídeos en liña e un traballo colaborativo.

ODEs do proxecto:

Elementos básicos da xeometría
Polígonos
Curvas, corpos e transformacións xeométricas
Teoremas e trigonometría

 

Retos para os Polos Creativos

Autores: Verónica Camiña García e Miguel Otero Bernárdez

Imaxe
Retos para polos creativos

Descrición: O proxecto “Retos para os Polos Creativos” está enfocado a desenvolver e potenciar iniciativas formativas no marco do ámbito STEAM (ciencia- tecnoloxía-enxeñaría-arte-matemáticas) utilizando algúns dos materiais aportados pola Xunta de Galicia no proxecto de Polos Creativos. Para isto, realizaranse 6 pequenos proxectos en formato ODE onde o alumnado terá que elaborar unha produción material de deseño propio atendendo ás premisas e obxectivos 4de cada proxecto. O seu deseño e elaboración está pensado para o alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria nas áreas de ciencias e matemáticas para potenciar o uso deste material en produtos finais socialmente relevantes.

ODEs do proxecto:

Retos para os Polos Creativos: Quen xoga
Retos para os Polos Creativos: Construtores
Retos para os Polos Creativos: Mentes conectadas
Retos para os Polos Creativos: Cacharreando coa Micro:bit
Retos para os Polos Creativos: Casas para Marte
Retos para os Polos Creativos: Axentes secretos

 

Curso semipresencial de italiano B2.1

Autoras: María Lodeiro Pérez de Lis e Laura Rodríguez Tato

Imaxe
Curso de italiano

Descrición: Este é un curso semipresencial de italiano do nivel B2.1 das Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia. Contén actividades en H5P e copia de respaldo para restaurar na aula virtual do centro.

ODE da aula virtual:

Acceso á aula virtual

 

 

Pionnières interculturelles

Autoría: María González Lopo e Santiago González Lopo

Imaxe
Pionnieres interculturelles

Descrición: Pionnières interculturelles organízase en 5cinco unidades didácticas que permiten practicar a compresión, a mediación, e a produción orais e escritas da lingua francesa a partir da vida e da obra de mulleres francófonas de diferentes orixes xeográficas, étnicas e culturais que foron pioneiras nos seus ámbitos vitais e profesionais.

ODE do proxecto:

Pionnières interculturelles

 

Botar a lingua a pracer 2

Autoras: Susana González Vázquez e Estela Suárez Recouso

Imaxe
Botar a lingua a pracer

Descrición: Segunda entrega dun proxecto que conta con cinco podcast anterioressobre literatura galega do século XX acompañados de exercicios para aula virtual (Moodle). Cada episodio consta dos seguintes apartados:

1. Podcast, guión do audio, test para avaliar a comprensión do escoitado ("Proba" de Moodle)
2. Galería de fotos: soporte visual dalgúns dos contidos desenvolvidos no podcast.
3. Exercicios de creación, relacionados con algún contido.
4. Exercicios de ampliación, para afondar en temas simplemente apuntados no podcast.

Os títulos dos 5 podcast do recurso nesta 2ª parte son:

1. "Compañeiro Daniel" (contido: Castelao)
2. "O camiño de Nós" (contido: Otero Pedrayo e V. Risco.
3. "Constelación vangarda" (contido: vangardas literarias en Galicia)
4. "Vivir por e para Galicia" (contido: labor cultural do exilio)
5. "Faládelle de nós" (contido: obra literaria do exilio)

En cada podcast inclúese un apuntamento histórico, que serve para contextualizar a literatura que tratamos, e un apartado dedicado ao papel das mulleres da época.

ODE da aula virtual:

Acceso á aula virtual

 

Diversificación Curricular para 3º de ESO

Autoría: Mónica Montero e Bautista Ramos

Imaxe
Diversificación curricular

Descrición: Curso completo do Programa de Diversificación Curricular para 3º de ESO de este proxecto.
Cada unidade xira arredor dun núcleo temático diferente. En total contamos con 6 ODEs diferentes.
Pero ademais trátanse moitos outros contidos pertencentes a todas as disciplinas do Ámbito: Lingua Inglesa, Lingua Galega, Lengua Castellana e Xeografía e Historia. En cada sección trabállase un xogo para fomentar a aprendizaxe baseada en xogos e inclúese tamén unha proposta de situación de aprendizaxe e un traballo por proxectos. Pode atopar cartas para gamificar a unidade e un escape room final a modo de repaso da mesma.

ODEs do proxecto:

Diversificación Curricular para 3º de ESO: Nas Ondas
Diversificación Curricular para 3º de ESO: Noticias Frescas
Diversificación Curricular para 3º de ESO: Non hai Planeta B
Diversificación Curricular para 3º de ESO: A (re)volta ao día en 80 mundos
Diversificación Curricular para 3º de ESO: Entre Guerras
Diversificación Curricular para 3º de ESO: Vivir con Arte

Durante os tres trimestres do curso actualizáronse igualmente as ligazóns a outros contidos que tiñan erros.
Tamén se incluíron novos contidos cedidos polo profesorado de Galicia. Especial atención ao proxecto “Obras son amores: Aula de creación, interación e implicación”:

 

A efeméride (Obras son amores: Aula de creación, interación e implicación)

Autora: Felisa Redondo Valín

Imaxe
La efeméride

Descrición: A efeméride segundo a RAE é un acontecemento que se lembra nun aniversario. Rememorar feitos históricos ou personaxes de relevancia cultural é importante para a construción da nosa propia identidade. A importancia non radica simplemente en evocar tales acontecementos, senón apelar á sensibilización e concienciación cara os valores que derivan de eles. A nosa labor será render homenaxe a figuras ou feitos de especial trascendencia ligados ao literario e reflexionar sobre o impacto na sociedade e en nós mesmos. Esta unidade fomenta o traballo cooperativo entre o alumnado. Cada semana un grupo de alumnos/as encargarase de realizar un artigo para informar no blogue dunha efeméride literaria ou dun acontecemento de actualidade ligado á materia.

ODE do recurso:

La efeméride

 

A reseña (Obras son amores: Aula de creación, interación e implicación)

Autora: Felisa Redondo Valín

Imaxe
La reseña

Descrición: O comportamento dun individuo non depende só das súas características persoais, senón tamén do influxo que o medio poida exercer sobre el. Esta unidade da as pautas para realizar unha reseña literaria. Preténdese incentivar o gusto pola lectura e o espíritu crítico. Fomenta, ademais, o traballo cooperativo entre o alumnado.

ODE do recurso:

La reseña