Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital

Actuacións para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas no 1º trimestre do 2024.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia continúa a fomentar as vocacións STEAM na infancia e a adolescencia, impulsando o talento galego dende idades temperás a través das actividades e iniciativas do catálogo do Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital.

Durante o primeiro semestre do ano, DXC Technology, empresa colaboradora do Plan, estará impulsando a iniciativa DXC Iberia Codes, co que busca achegar aos alumnos e alumnas dende 5º de primaria ata 4º de secundaria á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñaría e ás matemáticas dunha forma divertida, atractiva e fácil de desenvolver nos Centros educativos interesados.

Trátase dun concurso de programación no que os participantes crearán un videoxogo de aventuras utilizando as tecnoloxías Scratch e Microsoft Make Code. Nesta edición, o desafío céntrase na carreira espacial e as expedicións intergalácticas, fomentando a investigación sobre buracos negros, extraterrestres e outros planetas.

Ademais de achegar á xuventude a unha realidade cada vez máis demandada no mercado laboral, a iniciativa ten unha recepción moi positiva entre os estudantes e aumenta a súa motivación, creatividade e autonomía.

Máis información

  • Período de inscrición: Ata o 30 de abril de 2024. Inscrición
  • Período de celebración: Do 29/01/2024 ata a 3ª semana de 2024.
  • Data de entrega de premios: 3ª semana de xuño de 2024.
Imaxe
DigiTalent 2030