Somos cibernéticas

Co obxecto de contribuir a reducir a brecha dixital de xénero no ámbito técnico, preséntase a segunda edición do Evento para o fomento do Talento Feminino en Ciberseguridade.

A iniciativa, liderada desde a Amtega, quere axudar a impulsar que cada vez máis mulleres desenvolvan as súas carreiras profesionais na ciberseguridade. Cóntase para iso coa ollada e as experiencias de tres mulleres que traballan e destacan seguindo traxectorias moi diferentes neste eido. Con elas exploraremos as diferentes opcións educativas e profesionais na materia, co convencemento de que a audiencia atopará información e referentes motivadores para animarse a dar os seus primeiros pasos no camiño dunha área educativa e profesional apaixoante e con grandes perspectivas profesionais para o futuro.

O evento terá lugar o 4 de Maio entre as 10:00 e as 13:30 e está orientado a estudantes de 1º e 2º de Bacharelato, ainda que poderá ser seguido na modalidade en liña por calqueira persoa interesada nesta materia.

Pódeste inscribir nesta interesante Xornada en liña na seguinte ligazón. Unha vez o teñas feito, recibirás no teu correo instruccións para acceder ás retransmisións.        

Nós contamos contigo, e ti contas connosco?

 

Imaxe
Somos cibernéticas