Últimos días para a inscrición ao concurso Ciberseguridade no cole!

O vindeiro luns 6 de outubro ás 14h finaliza o prazo para que os centros educativos de toda Galicia poidan inscribirse á V Edición do Concurso Ciberseguridade no cole! O certame está dirixido a alumnado de 5º e 6º de primaria, e 1º e 2º de secundaria.

Para participar, a inscrición debe realizarse aquí.

Como se adiantaba, o obxectivo é a concienciación no ámbito escolar ante os riscos no uso de medios dixitais, ante a tecnoloxía que os rodea no día a día. Todo isto dun xeito moi ameno, participativo e colaborativo!.

Aqueles centros que se clasifiquen na primeira fase poderán participar na xornada final presencial o 7 de novembro, no V Encontro CIBER.gal. Ademais, estase a traballar na posta á disposición dun servizo de transporte gratuíto para que os colexios participantes poidan asistir tamén á final presencial do Concurso (as condicións e limitacións deste servizo gratuíto comunicaranse unha vez rematada a fase previa do Concurso).

Toda a información pode consultarse na seguinte ligazón:
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/espazoabalar/novas/v-edicion-do-concurso-ciberseguridade-no-cole

Animámosvos a todos a aproveitar e desfrutar desta experiencia totalmente gratuíta!

 

Imaxe
Ciberseguridade no cole