Espazos
Xa está aberto o prazo de inscrición para a V edición do concurso “Ciberseguridade no cole!”, dirixido a alumnado de entre 10 e 14 anos. Os centros interesados poderán rexistrarse para participar ata o 6 de outubro.
Esta quinta edición, consolidada como unha actividade de éxito, está dirixida para estudantes de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria. O concurso está organizado por Telefónica e impulsado polo Nodo Galego de Ciberseguridade CIBER.gal dentro da programación do V Encontro CIBER.gal.
O obxectivo principal do concurso é sensibilizar aos escolares sobre os riscos que poden atopar no uso das tecnoloxías dixitais e, ao mesmo tempo, ensinarlles de forma amena e acorde á súa idade boas prácticas en materia de ciberseguridade.
Ciberseguridade no cole! desenvolverase en dúas fases: unha primeira proba en liña o 15 de outubro e unha final presencial o 7 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. Nesta última, os equipos finalistas participarán nun formato colaborativo. Para participar, é preciso inscribirse neste formulario antes do 6 de outubro.
Os detalles do concurso e as súas bases legais poden consultarse nas seguintes ligazóns:
Características básicas (documento adxunto)
Bases legais (documento adxunto)
No Encontro CIBER.gal, promovido é organizado polo Nodo CIBER.gal, tamén haberá outras actividades de interese para todo o colectivo educativo. Ao finalizar este concurso, de sucesivo celebrarase unha obra de teatro sobre ciberseguridade enfocada á contorna educativa. Ademais, o evento contará coa presenza da Stand e Roadshow de INCIBE, onde os asistentes poderán realizar diferentes actividades dinámicas de formación e concienciación relacionadas coa ciberseguridade.
Proximamente publicarase o programa completo do Encontro e tamén será aberta a inscrición para o resto de actividades.
