Abre o prazo de inscricións do programa Tecnólogo por un día JUNIOR

Desde hoxe e ata o vindeiro 28 de abril permanecerá aberto o prazo de inscricións para participar na nova convocatoria JUNIOR dirixida a estudantes de 12 a 14 anos do programa Tecnólogo por un día, unha actuación recollida no Plan DigiTalent.

En concreto, desenvolveranse distintas SESIÓNS ONLINE nun formato áxil e dinámico co obxectivo de achegar as profesións dixitais ás persoas máis novas da man de voluntariado formado por profesionais das empresas colaboradoras do programa.

No momento da inscrición, a alumnado poderá elixir as súas preferencias entre as 30 prazas dispoñibles e as asignacións realizaranse posteriormente aplicando o resultado dun sorteo. Serán as empresas quen contacten coas persoas participantes para concretar a data e o horario da sesión que se desenvolverán ao longo do mes de maio.

O alumnado participante debe contar cunha autorización asinada polo seu pai/nai/titor legal que está dispoñible no espazo web do programa xunto co resto de detalles: https://digitalent.xunta.gal/es/node/691