Discurso lóstrego
Palabras Clave

 

Curto, rápido e ao miolo.

Video file
Imaxe
extra_1

Por que: Cando o tempo é limitado, como en encontros casuais nun ascensor, reunións de desenvolvemento de ideas ou presentacións de proxectos con moitas persoas participantes, é necesario transmitir de forma breve, clara e convincente o que se fai ou a idea que se está a desenvolver. Un discurso ben construído pode abrir portas, xerar oportunidades, obter apoios, financiamento ou establecer conexións profesionais.

Imaxe
extra_2

Que: É unha presentación breve e concisa que se utiliza para captar a atención dunha persoa-diana nun curto período de tempo, xeralmente de 30 segundos a 2 minutos. O obxectivo principal é transmitir de maneira persuasiva a esencia dunha idea, produto ou proxecto de maneira que xere interese e esperte a curiosidade da persoa receptora. 

Imaxe
extra_3

Como: Para realizar este tipo de discursos cómpre seguir algúns pasos. 

Imaxe
6_estratexias_infografias_gal
Imaxe
extra_4

Cando: Depende das oportunidades que se presenten e os obxectivos marcados. Pode ser en eventos de traballo, conferencias, feiras de proxectos, reunións informais, presentacións, ou mesmo en encontros casuais nos que teñas a oportunidade de falar do proxecto. 

Imaxe
extra_5

Onde: En termos de espazo físico, non se require un lugar específico xa que un discurso lóstrego pódese realizar en practicamente calquera espazo onde haxa unha interacción comunicativa breve e directa con outra persoa. A idea principal é que sexa o suficientemente curto e conciso como para ser desenvolvido durante o tempo que dura un breve encontro, como cruzarse nun corredor, subir nun ascensor, nunha pausa dunha conferencia, ou mesmo nunha conversación casual nun evento social. 

 

O teu plan nun clic

Podes descargar esta estratexia completa en forma de presentación, resumo e infografía para o seu emprego na aula.

Imaxe
agora_1
Imaxe
agora_icona_2
Imaxe
agora_icona_3