IA para a sociedade
Competencias

  

“Guía docente: Intelixencia Artificial para a Sociedade” , elaborada por docentes da Universidade da Coruña, preséntase así como un recurso educativo moi ben estruturado e plenamente aliñado co currículo oficial de 4º da ESO en Galicia. O seu principal valor reside en ofrecer unha visión integral da IA, non só desde unha perspectiva técnica, senón tamén ética, social e educativa.

Puntos clave da proposta:

Enfoque práctico: Estruturada en 105 sesións, utiliza ferramentas gratuítas e accesibles. Listo para utilizar na aula.

Marco pedagóxico: Aliñada co estándar europeo AILit e con vistas á avaliación PISA 2029.

Dominios de aprendizaxe: Céntrase en interactuar, crear, xestionar e deseñar sistemas de IA.

Conciencia crítica: Aborda temas esenciais da IA como os sesgos algorítmicos, o antropomorfismo e o impacto ambiental (pegada de carbono).

Imaxe
IA para a sociedade

 

 

Desde o inicio, a guía deixa claro o seu enfoque: formar estudantes como persoas usuarias críticas e responsables da intelixencia artificial. Non pretende ser un manual teórico exhaustivo, senón unha ferramenta práctica para o profesorado, combinando explicacións conceptuais con actividades directamente aplicables na aula.

O documento destaca polo seu forte compoñente didáctico, xa que cada bloque inclúe actividades concretas —como debates, análise de casos ou deseño de axentes— que facilitan un aprendizaxe activo por parte do alumnado. Propostas como distinguir que é a intelixencia artificial na vida cotiá ou deseñar un axente intelixente propio permiten aterrar conceptos abstractos en situacións reais e significativas.

Como a maioría das publicacións de Ágora Dixital, “Guía docente: Intelixencia Artificial para a Sociedade” foi creada por docentes e está destinada a persoas docentes.

 

 O teu recurso nun clic

Aquí tes o recurso “Guía docente: Intelixencia Artificial para a Sociedade”

 

   
Imaxe
agora_icona_3