Tecnoloxías intelixentes

 

A publicación Tecnologías Inteligentes. Más que una introducción a la Inteligencia Artificial serve como unha guía completa que proporciona recursos ao profesorado da nova materia de Tecnoloxías intelixentes de 1º de Bacharelato en Galicia. Este documento, dispoñible en aberto e baixo licenza CC-BY-NC-SA 4.0, resulta unha ferramenta moi útil para quen imparte esta materia, ofrecendo un manual ben organizado que facilita a planificación das súas sesións e contidos didácticos. Se queres ter acceso ao libro fai clic aquí.

Imaxe
Tecnoloxías intelixentes

 

Como a maioría das publicacións de Ágora Dixital, Tecnologías Inteligentes. Más que una introducción a la Inteligencia Artificial foi creada por docentes e está destinada a persoas docentes.

O autor é Juan Francisco Puentes, doutor en informática e docente na Formación Profesional Superior. Está especializado en intelixencia artificial e imparte docencia no Curso de Especialización de "Intelixencia Artificial e Big Data", encargándose da parte da IA. É catedrático de ensino secundario, aínda que prefire referirse como catedrático de FP para resaltar o seu enfoque na formación profesional superior.

Para saber máis sobre o autor preme aquí.