Ágora dixital
"Non hai nada más gratificante e enriquecedor que a aprendizaxe”
Fabiola Gianotti, directora xeral do CERN
Que é o CERN?
A Organización Europea para a Investigación Nuclear comunmente coñecida coma CERN, polas súas siglas en francés de Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire, goza de recoñecemento a nivel mundial non só polos resultados científicos acadados, senón tamén polo desenvolvemento de nova tecnoloxía informática e industrial.
Baixo o liderado da directora xeral do CERN e dentro dunha contorna de investigación e innovación, lánzanse varios programas de formación para profesorado na materia de física de partículas e áreas afíns. Persoal experto en enxeñaría, física ou informática, de diferentes países, ensinan en obradoiros, conferencias e visitas ás instalación do CERN dun xeito dinámico e cunha forte base experimental.
Quen pode aprender no CERN?
Os programas ofertados teñen tres formatos diferentes:
- Online. Desde a pandemia popularizouse este tipo de formación en programas internacionais.
- Programas nacionais. Programas dunha semana desenvolvidos en idiomas de calquera dos estados membros do CERN. España é un deles.
- Programas internacionais. Son os programas máis destacados desta entidade. A lingua vehicular é o inglés. Docentes de todo o mundo asisten ás formación da International High School Teacher Programme e do International Week Programme.