Banco de recursos de divulgación e educación científica do CSIC
Competencias
Palabras Clave
Habilidades
 
O CSIC crea un banco de recursos de divulgación e educación científica 

 

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) vén de poñer en marcha un novo Banco de Recursos de Divulgación e Educación Científica, que reúne preto de 300 materiais orientados a facer a ciencia máis accesible para todas as persoas. Esta plataforma en liña pretende apoiar profesorado, persoas educadoras, persoal investigador e público xeral, ofrecendo contidos de calidade sobre unha ampla variedade de temas científicos.

Imaxe
csic

 

No banco pódense atopar unidades didácticas, xogos, cadernos, vídeos, exposicións virtuais e podcasts, entre outros formatos. Os recursos están organizados segundo áreas temáticas e niveis educativos, facilitando a súa busca e adaptación ás distintas necesidades formativas. A maioría dos materiais foron creados por equipos de investigación do propio CSIC no marco dos seus proxectos de divulgación científica.

Esta iniciativa pretende tamén favorecer a inclusión e a equidade no acceso ao coñecemento científico, impulsando vocacións investigadoras desde idades temperás. O banco de recursos constitúe unha ferramenta viva, aberta a futuras actualizacións e ampliacións, que busca fortalecer a relación entre a comunidade científica e a sociedade.

Pódese acceder ao Banco de Recursos do CSIC a través da súa páxina web oficial: Banco de Recursos do CSIC.

 

 

Imaxe
Logotipo cSIC