Ciencia en Acción 2024
Competencias
Palabras Clave
Ciencia en Acción é un concurso internacional de ciencia que achega a ciencia e a tecnoloxía ao gran público.

 

Ciencia en Acción está dirixido a estudantes, profesorado, persoal investigador e divulgador de Iberoamérica. Pretende achegar e popularizar a ciencia dunha maneira atractiva e motivadora para interesar ao gran público a través de experiencias sinxelas, conferencias e obradoiros. Cada ano celébrase nunha cidade española diferente. Este 2024 celebrarase en Avilés.

Ciencia en Acción propón diferentes modalidades de participación, desde materiais didácticos, divulgación científica ou curtas científicas, até diferentes experiencias de laboratorio e demostracións científicas, sen esquecerse das matemáticas, a tecnoloxía e a ética da ciencia. Pero, sobre todo, este concurso é unha oportunidade para coñecer e aprender sobre o universo. Se o voso traballo é seleccionado, obteredes unha axuda para a viaxe. 

Se queredes saber máis sobre este concurso, entrade na súa páxina web. Unha fase final presencial de Ciencia en Acción é inesquecible.