Convocatoria BlueLightS: Desafíos azuis para escolas europeas!
Palabras Clave

 

Anímaste a involucrar as novas xeracións na sustentabilidade dos océanos? BlueLightS, un proxecto financiado pola Unión Europea dentro do programa Horizonte Europa, invita ás escolas a participar nesta convocatoria. O obxectivo é claro: fomentar a alfabetización en océanos e augas, promovendo a participación das crianzas e da mocidade no programa Escolas Azuis da UE e na misión "Restaurar o noso océano e augas para 2030".

Imaxe
Grants for schools

 

As escolas participantes poderán desenvolver proxectos dentro da rede Escolas azuis europeas (NEBS), unha iniciativa que conecta organizacións e persoas comprometidas coa xestión sostible dos océanos. Os proxectos seleccionados obterán o prestixioso selo de Escola azul europea.

Consulta máis detalles e inscríbete na convocatoria aquí.