ECHO – Implicando á cidadanía na ciencia do solo para a súa saúde
Competencias
Palabras Clave

  

O proxecto ECHO – Engaging Citizens in Soil Science: the road to healthier soils é unha acción de investigación e innovación cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Horizonte Europa (2023-2027). O seu obxectivo principal é implicar activamente á cidadanía na protección, restauración e mellora da saúde dos solos, promovendo a adquisición de coñecementos e competencias en ciencia do solo que permitan un cambio positivo en toda a UE.
Imaxe
echo

 

A través de iniciativas de ciencia cidadá adaptadas a diferentes rexións e tipos de solos, ECHO anima á poboación a participar na recollida de datos ambientais e na promoción do coidado do solo, contribuíndo a un repositorio de acceso aberto (ECHOREPO).

O proxecto está coordinado pola Free University of Bolzano-Bozen e reúne a 16 socios europeos entre universidades, centros de investigación, PEME e fundacións. ECHO aspira a aumentar a concienciación pública sobre a importancia dos solos como recurso vital para a sociedade e o medio ambiente.