Incrúst@te: unha experiencia científica que transforma vocacións.
Competencias
Palabras Clave
 

Dende o ano 2017, o programa Incrúst@te, impulsado polo Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña, ten por obxectivo achegar ao alumnado de 4º da ESO, 1º de Bacharelato e Formación Profesional ao mundo da investigación científica. En colaboración coa FECYT-Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e, en ocasións, coa Xunta de Galicia, esta iniciativa facilita coñecer as liñas punteiras que se desenvolven en Biotecnoloxía, Medio Ambiente, Novos Materiais e Biomedicina.

Cada edición permite que centos de estudantes realicen visitas guiadas aos laboratorios do CICA, dialoguen con investigadores/as e vivan de primeira man o funcionamento dun centro de investigación. Deste grupo inicial, seleccionanse aproximadamente 16 alumnos/as que se “incrustan” tres días no centro, realizando prácticas experimentais e elaborando pósters e presentacións orais nun minicongreso. Ademais, catro destes participantes optan cada ano a realizar unha estancia de dúas semanas con mentoría en grupos de investigación.

Imaxe
Incrustate

A séptima edición do programa, correspondente ao curso 2025-26, abre o prazo de inscrición do 1 ao 30 de setembro de 2025. Esta edición prevé acoller 400 estudantes na fase inicial de visitas e seleccionar 20 para as estancias en laboratorio, o que supón un notable incremento na participación. O proceso desenvolverase entre outubro de 2025 e xuño de 2026, rematando cun congreso científico estábel e estancias prolongadas para un pequeno grupo de participantes destacados.

Incrúst@te destaca como unha iniciativa exemplar que fomenta as vocacións científicas, dá visibilidade aos grupos de investigación da UDC, mostra o papel da muller na ciencia e promove a igualdade de oportunidades entre centros educativos galegos.

Accede a información para poder unirte ao proxecto nesta  Ligazón.