Olimpíada Internacional de Greenwich (IGO)
Competencias
Palabras Clave

 

A North London Grammar School fomenta a paixón pola ciencia e a tecnoloxía na International Greenwich Olympiad

A International Greenwich Olympiad (IGO) é unha olimpíada de proxectos organizada e dirixida pola North London Grammar School en Londres, Reino Unido, que busca espertar o interese e entusiasmo de estudantes pola ciencia e a tecnoloxía a través da súa curiosidade e creatividade.

O evento ofrece un espazo para que o estudantado aprenda e explore métodos científicos, técnicas e desenvolvemento de materiais, ao tempo que experimenta o traballo en equipo e a colaboración. A participación en IGO fomenta a implicación das escolas coas súas comunidades, involucrando tamén as familias, que observan orgullosas como as súas crianzas participan neste evento internacional, adquirindo unha visión directa das múltiples aplicacións da ciencia na vida cotiá.

Imaxe
IGO 1

 

Entre os obxectivos deste certame inclúense:

  • Inspirar as futuras científicas e científicos, axudándolles a descubrir os seus talentos e desenvolvelos para que poidan converterse en inventoras e inventores innovadores que contribúan á sociedade e á humanidade.
  • Identificar o alumnado creativo e talentoso, ofrecéndolle oportunidades que favorezan a mellora das súas habilidades.
  • Incrementar o interese pola ciencia, transformando a aprendizaxe nesta área nunha experiencia satisfactoria e estimulante.
  • Fomentar a observación do traballo de outras persoas, individualmente ou en equipo, co obxectivo de inspirar vocacións cara a carreiras en ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas.

A IGO é, en definitiva, un espazo que promove o achegamento á ciencia e as súas aplicacións reais, tanto para o alumnado como para o público xeral, ofrecendo unha experiencia de participación única e enriquecedora tanto a nivel individual coma institucional.

 

Para saber máis sobre os tipos de proxectos que se presentan en IGO, preme aquí