Open Science Cambre 2024
 
Open Science Cambre achega a ciencia aberta ao gran público


Open Science Cambre é unha feira internacional de ciencia aberta ao público e gratuíta na que se amosan traballos de investigación e demostracións científicas. Está aberta á participación de alumnado de infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, que presenten proxectos de ciencia e tecnoloxía relacionados con calquera Obxectivo de Desenvolvemento Sostible. Ademais, o alumnado pode asistir a espectáculos, performances, cafés científicos ou escape rooms

Open Science Cambre é unha feria diferente, xa que:

  • Está creada por e para a rapazada. Estudantes de entre 12 e 22 anos da Asociación Xuvenil XenTd100cia organizan a feira en colaboración co concello de Cambre.
  • Colaboran as familias da vila. A rapazada investigadora que pernocta en Cambre, é acollida por familias do concello nas súas casas.
  • Amosan referentes . Na feira conviven mozas e mozos investigadores con persoal investigador senior da universidade, centros de investigación, empresas, asociacións científicas ou mesmo corpos e forzas de seguridade que utilizan a ciencia e a tecnoloxía para realizar o seu traballo. Isto garante unha convivencia enriquecedora entre científicos e científicas de diferentes idades e procedencias.

A Feira é un collage de experiencias coma visitante e, coma participante, é inesquecible!