VII Congreso Científico da Montaña

  

A vila ourensá da Pobra de Trives acollerá os días  28 e 29 de abril de 2025 unha nova edición do Congreso Científico da Montaña, un evento xa consolidado no calendario educativo galego. Nesta  edición, alumnado de ensino primario e secundario volverá compartir co público experiencias de investigación escolar.

 

Imaxe
Congreso

 

Durante as dúas xornadas, haberá exposicións de traballos escolares, relatorios de persoas expertas e actividades para o profesorado acompañante. O evento constitúe unha oportunidade única para visibilizar proxectos de aula que vinculan a ciencia coa contorna próxima.

Toda a comunidade educativa está convidada a participar deste evento en pleno corazón da montaña ourensá.