Capilaridade
Competencias
Palabras Clave

 

Nesta experiencia observaremos o fenómeno da capilaridade.

Imaxe
M56
Imaxe feita con IA CanvaTubos de ensaio experimento líquido de cores (CC BY-NC-SA)

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

Paso 1

 

  • Botamos auga en cada vaso.
Imaxe
M56.2
     Paso 2

     

    • Engadimos 3 ou 4 pingas de colorante alimentario de distintas cores.
    Imaxe
    M56.3
      Paso 3

       

      • Cortamos unha tira longa de papel absorbente e dobrámola.
      • Colocamos a tira de papel de xeito que atravesa todos os vasos, tocando a auga.
      • Agardamos aproximadamente unha hora e observamos o que acontece.
      Imaxe
      M56.4

      Tips docentes

      Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

      • Ao utilizar colorantes alimentarios, é aconsellable empregar luvas para realizar esta experiencia.
      • Con esta actividade queremos amosarlle ao alumnado o fenómeno da capilaridade, que se dá de xeito natural na natureza.
      • Canto máis baixos sexan os vasos ou os tarros que empreguemos, máis rápido se verán os efectos, xa que a auga terá menos distancia que percorrer.
      • Temos que explicar ao alumnado en que consiste este fenómeno. Indicaremos que a capilaridade é o movemento da auga a través dos espazos dun material poroso debido ás forzas de adhesión e á tensión superficial. Tamén podemos explicalo como o fenómeno polo que a superficie dun líquido se eleva ou descende dependendo de se molla ou non ese material.

      Polo tanto, nesta experiencia, a superficie porosa é o papel absorbente, polo que a auga irá ascendendo mentres se tinge coas cores presentes en cada tarro.

      • Podemos desenvolver esta experiencia en fases, dende a máis simple ata a máis complexa, para observar as mesturas de cores. Por exemplo, se utilizamos só tres vasos e engadimos colorante azul e amarelo nos vasos dos lados, deixando o do centro con auga transparente, poderán ver como se produce a mestura e como o papel se tinge de verde na zona do vaso sen colorante.
      • Tamén podemos dispoñer máis tarros, engadindo colorantes en todos ou deixando algúns sen tinta. Incluso podemos organizalos en círculo, en lugar de en liña, para que a auga continúe ascendendo sen interrupcións, xa que non haberá cortes no papel.
      • Esta mesma experiencia pode realizarse con flores brancas, sendo os caraveis os máis utilizados. Para observar o efecto con maior rapidez, recoméndase cortar os talos das flores ata a altura do vaso; se os deixamos longos, tardará moito máis en percibirse a coloración.

      O alumnado poderá visualizar de forma vistosa e gráfica como as flores "beben", tal como ocorre cando se colocan nun floreiro.

      A túa clase nun clic

      Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

      Imaxe
      4
      Imaxe
      cast