Como facer lentes 3D anáglifo
Competencias
Palabras Clave
Habilidades
Estratexias
Autoría

 

Nesta experiencia coñeceremos o funcionamento das lentes 3D anáglifo, empregadas para experimentar co efecto tridimensional en imaxes ou películas. Aprenderemos a crear as nosas propias imaxes tridimensionais ou anáglifos, partindo dunha fotografía tomada por nós ou ben dunha imaxe que nos guste.

Imaxe
Imaxe resultado

Cesta de materiais

Preme nos puntos interactivos da imaxe.

Mans á obra

 

 

 

Paso 1
  • Seleccionamos a fotografía.
     Paso 2
    • Arrincamos o programa Gimp e abrimos a imaxe.
    Imaxe
    Paso 1 mans
      Paso 3

      Na xanela de Capas, duplicamos a capa da imaxe.

      Pasos:

      • Seleccionar a capa.
      • Premer no botón dereito do rato sobre a capa seleccionada e elixir a opción Duplicar capa.
      Imaxe
      Paso 2 Mans
      • O resultado obtido é similar ao seguinte:
      Imaxe
      Paso 2b mans
      • No caso de non ter visible a xanela capas, pódese activar desde a barra superior de opcións:  xanelas > xanelas ancorables > Capas.
      Imaxe
      Paso 2c mans
      Paso 4

       

      Para cambiar a cor da capa superior (copia) a ciano seguimos os seguintes pasos:

      • A capa superior (copia) será a de cor ciano, a capa inferior (orixinal) será de cor vermello.
        • Seleccionar a capa superior (copia).
        • Na barra superior de opcións ir a: Cores > Niveis
      Imaxe
      Paso 3a mans
      • Seleccionamos a canle Vermello (1). Configuramos o nivel de saída co valor 0 (2) e prememos no botón OK (3).
      Imaxe
      Paso 3b Mans
      • O resultado obtido é que a imaxe torna a azul ciano:
      Imaxe
      Paso 3c mans

      Para cambiar a cor da capa inferior (orixinal) a vermello repetimos os pasos pero modificando a canle de cor verde e azul:

      • Seleccionar a capa inferior (orixinal).
      • Na barra superior de opcións ir: Cores > Niveis.
      Imaxe
      Paso 3d mans
      • Seleccionamos a canle Verde (1). Configuramos o nivel de saída co valor 0 (2). Seleccionamos a canle Azul (3). Configuramos o nivel de saída co valor 0 (4). Prememos no botón OK (5).
      Imaxe
      Paso 3f mans
      • O resultado obtido é que a imaxe torna a vermello (para ver a imaxe temos que ocultar a capa superior por un intre, premendo no ollo na xanela de capas).
      Imaxe
      Paso 3g mans

       

      Imaxe
      Paso 3h mans
      Paso 5
      • Seleccionamos a capa superior novamente (ten que estar visible) e activamos o modo Diferenza (difference).
      Imaxe
      paso 4a mans
      • A imaxe composta pola diferenza de ambas capas vese coas cores orixinais.
      Imaxe
      paso 4b mans
      Paso 6
      • Para crear o efecto 3D é preciso desprazar a capa superior (copia) horizontalmente.
      • Para iso, seleccionamos a ferramenta de mover (no menú de opcións superior na opción Ferramentas > Ferramentas de transformación > Mover), prememos na imaxe e movémola (sen soltar o botón esquerdo do rato) un pouco á dereita.
      Imaxe
      paso 5

       

      • O resultado obtido é unha imaxe un pouco borrosa, lista para ver coas lentes 3D anáglifo.
      Imaxe
      anaglifo
      Paso 7
      • Observa coas lentes 3D a imaxe. Ves o efecto tridimensional na vaca?
      • Garda o proxecto (Barra superior de opcións: Ficheiro > Gardar como) coa extensión de arquivo xcf.
      • Exporta a imaxe (Barra superior de opcións: Ficheiro > Exportar como) coa extensión de arquivo png.
      • De forma opcional podes imprimir a imaxe en cor para vela coas lentes 3D.

         

        Tips docentes

        Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.

         No punto 2, pódese explicar ao alumnado o concepto de software libre e a diferenza entre software libre e software gratuíto

        Imaxe
        M06. Imx TP1

         No punto 3, pódese explicar ao alumnado por que é preciso duplicar a imaxe ou fotografía para ter dúas capas, expoñendo o funcionamento das lentes 3D:

        A imaxe que se proxecta ou mostra está composta por dúas imaxes superpostas, unha en vermello e outra en ciano. Cada ollo percibe unha imaxe diferente grazas ás lentes de cores das gafas. O ollo esquerdo ve a imaxe vermella, mentres que o ollo dereito ve a imaxe ciano. O cerebro, a continuación, fusiona as dúas imaxes nunha única imaxe 3D, proporcionando unha experiencia visual envolvente.

         No punto 7, pódese explicar ao alumnado os principios ópticos nos que se basean as lentes 3D anáglifo.

        • Separación do espectro: cada cristal das gafas filtra certos espectros de luz, permitindo que só un ollo vexa unha imaxe determinada, mentres que o outro ollo ve outra imaxe. Isto crea unha sensación de profundidade e tridimensionalidade.

         

        • Visión binocular: baséase en que os nosos ollos están situados a unha certa distancia entre eles. Cada ollo capta unha imaxe lixeiramente diferente do mesmo obxecto debido á súa posición lixeiramente diferente. Estas dúas imaxes son enviadas ao cerebro a través do nervio óptico.

        O cerebro, entón, compara e combina as dúas imaxes para crear unha única imaxe tridimensional. Este proceso, coñecido como fusión binocular, permite que percibamos a profundidade e a distancia dos obxectos. Ao integrar as diferenzas nas imaxes captadas por cada ollo, o cerebro é capaz de calcular a disparidade e a posición relativa dos obxectos no espazo.

         

        Podemos preguntar:

        • Por que credes que as lentes son de cor vermello e ciano?

        Resposta: Porque son cores opostas no círculo cromático.

         

        Imaxe
        M6 tips

        A túa clase nun clic

        Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).

        Imaxe
        4
        Imaxe
        cast