Ágora dixital
Nesta microsecuencia investigamos sobre a condutividade dos distintos tipos de materiais. Así, seremos quen de prepararnos da mellor maneira fronte a unha tormenta eléctrica.
Imaxe de Francia, as tormentas eléctricas e o lóstrego. 6147366 Pixabay. (CC0)
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Que é a condutividade? Cal é a raíz desta palabra? Condución? Que implica polo tanto? Que significa, entón, illante?
- Paso 2
-
- Coloca enriba da mesa os materiais indicados na cesta de materiais (clips, grampas, lapis, tesoiras, goma, chincheta e bolígrafo).
- Paso 3
-
- Clasifica os obxectos nunha táboa de dobre entrada como illantes ou condutores.
- Paso 4
-
- Comproba que as predicións feitas son acertadas. Para iso, conecta a placa Makey Makey ao ordenador, un cable crocodilo á parte inferior da placa onde pon EARTH (terra) e o outro a calquera das frechas que aparecen.
- Paso 5
-
- Asegúrate de que a placa funciona ben, une os dous cables crocodilo para pechar o circuíto e comproba que se prende unha luz na parte traseira (de cor verdosa).
- Paso 6
-
- Conecta cada un dos obxectos da cesta de materiais aos dous cables crocodilo, sen que os cables se toquen entre si. Se a luz se prende quere dicir que estamos cerrando o circuíto e, polo tanto, o obxecto está conducindo electricidade. Se a luz non se acende quere dicir que o obxecto é illante.
- Paso 7
-
- Fai as correccións pertinentes na túa táboa de dobre entrada, se fose preciso.
- Finalmente busca outros obxectos que teñas a man e comproba a súa condutividade. Exemplos: unhas lentes, un anel, un pendente, unha cadeira, un estoxo, unha prenda de roupa, un vaso, unha peza de froita.... Engádeos á táboa.
- Como podes comprobar se os seres humanos conducimos electricidade?
Tips docentes
Materiais condutores vs illantes
Os materiais condutores son aqueles que permiten o paso da electricidade e que, polo tanto, se empregan para crear circuítos eléctricos. Os materiais condutores máis coñecidos son os metais, como, por exemplo, o cobre, o ferro ou a prata.
Pola contra, os materiais illantes son aqueles que non permiten o paso da electricidade, protexendo ás persoas do contacto directo coas tensións eléctricas. Exemplos destes materiais son a madeira, o plástico ou a goma.
Consellos
Para comezar é importante que o alumnado teña claro o termo "condutividade". Para iso, o ou a docente pode ir indagando a través das preguntas que se marcan no primeiro punto de “Mans á obra”.
Os materiais iniciais previamente propostos son materiais que podemos atopar facilmente nunha aula. Pódense engadir ou quitar os que se consideren, atendendo á súa dispoñibilidade.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle.
Imaxe
|
Imaxe
|