Ágora dixital
Facemos maxia co quitagraxas
Palabras Clave
Habilidades
Estratexias
Autoría
Nesta experiencia exploraremos a beleza da ciencia. A partir dun prato con leite e colorantes, observaremos como actúa un quitagraxas.
Imaxe

Imagen de PublicDomainPictures en Pixabay. Cores (CC0)
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
/>
Mans á obra
- Paso 1
- Bota o leite no recipiente fondo, debería ter como dous centímetros de alto aproximadamente.
- Paso 2
- Deixa caer unha gota de colorante alimenticio. Podes botar varias á vez deixándoas separadas para que non se mesturen, como se ve na foto.
Imaxe
Sheila Mirón. Experimento do quitagraxas.
-
- Paso 3
-
Molla a puntiña do mondadentes co quitagraxas, non ten que ser moita cantidade.
ImaxeSheila Mirón. Experimento do quitagraxas.
- Paso 4
-
Toca con coidado unha das gotas de colorante e observa o que ocorre.
ImaxeSheila Mirón. Experimento do quitagraxas.
- Paso 5
- Repite a monobra co resto de gotas de colorante.
- Paso 6
- Que ocorre se utilizamos leite desnadato? E se fose sen lactosa funcionaría igual?
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
O tamaño do recipiente/prato non é importante pero, canto máis grande sexa, máis gotiñas de colorante poderemos poñer observando así máis veces a experiencia.
É interesante ter a man distintos tipos de leite para ver se funciona igual en todos.
Tamén podemos probar a usar distintos quitagraxas (de louza, do forno, de cociñas...) e observar se teñen a mesma "potencia".
Cando se impregne o palillo co quitagraxas, é recomendable que non leve unha gota moi grande xa que nos ocupará todo o prato e non nos deixará observar con outras gotas de colorante nese mesmo prato.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |