Ágora dixital
Nesta experiencia exploraremos a creación a escala en 3D. Aproveitaremos o estudo das figuras xeométricas para crear as nosas propias figuras a escala coa axuda da impresora 3D.

Imagen de PublicDomainPictures en Pixabay. Impresora 3D (CC0)
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Accede á Páxina de Tinkercad co código de clase e co teu alias.
- Dalle a crear e comeza a deseñar. Elixe un cubo oco das opcións que nos da o propio programa e establece as medidas que precises para a figura final, como se mostra na imaxe.
ImaxeSheila Mirón. Deseño figuras xeométricas Tinkercad (CC BY-SA)
- Paso 2
-
-
Debes ter en conta que tal e como se presenta o cubo, é moi complicado para imprimir (a superior quedaría suspendida sen soporte) polo que é preferible cortalo á metade e imprimir as dúas metades apoiadas á "cama" da impresora. Para elo fai unha copia para ter dous cubos exactamente iguais coas medidas finais que desexes.
ImaxeSheila Mirón. Deseño figuras xeométricas Tinkercad (CC BY-SA)
-
- Paso 3
-
- Unha vez feito isto, debes eliminar a parte superior dos dous cubos coa opción de "oco". É importante que no "oco" que se vai eliminar establezas as medidas da altura de medio cubo para eliminar xusto a metade superior.
ImaxeImaxeSheila Mirón. Deseño figuras xeométricas Tinkercad (CC BY-SA)
- Paso 4
-
- Unha vez elevado o "oco" para situar no cubo, duplícao e colócao xusto enriba de cada figura para poder eliminar esa parte.
ImaxeImaxeImaxeSheila Mirón. Deseño figuras xeométricas Tinkercad (CC BY-SA)
- Paso 5
-
- Unha vez feito isto, xa tes as figuras listas para imprimir. Dalle á opción de exportar como archivo STL.
- Paso 6
-
- Abre o archivo co programa da impresora 3D coa que traballes para "filetear" e establece as características de impresión que queiras
- Paso 7
-
-
Unha vez impresas as dúas partes, debes pegalas cun pegamento de contacto potente e xa terás as figuras para traballar con elas.
-
-
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
É importante ter rexistrados de antemán a todos os alumnos e alumnas para que poidan traballar sen necesidade de rexistrarse cun mail.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |