Ágora dixital
Localiza no mapa con Makey Makey
Palabras Clave
Habilidades
Estratexias
Autoría
Nesta experiencia exploraremos o mapamundi para localizar dunha forma divertida onde se atopan os distintos océanos e continentes. Mesturaremos a aprendizaxe da xeografía coa aprendizaxe da programación informática grazas á placa Makey Makey.
Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Crava os cravos nos distintos océanos e continentes asegurándote de que traspasen un bo anaco do cartón pruma.
- Paso 2
-
- Accede á páxina de Scratch. Debes crear a programación para a Makey Makey.
- Paso 3
-
- Selecciona os bloques de evento ("ao presionar a tecla...") correspondentes aos distintos comandos da placa ("espazo", "frecha arriba", "frecha abaixo", "frecha dereita", "frecha esquerda", "w", "a", "s", "d" e "f") para engadirlle un audio a cada un co nome do océano ou continente que corresponda.
- Paso 4
-
- Para engadir o audio entra en sonidos, dalle ao "+" e engade un audio que pode ser feito por ti ou unha reprodución dalgunha aplicación con voz en off.
- Paso 5
-
- Conecta a placa co cable de alimentación e comprobar que todo funciona tal e como programaches.
- Paso 6
-
- Unha vez feita a comprobación, une con cables de crocodilo e cables de punta pelada, os cravos (pola parte traseira do mapamundi) coa placa.
- Paso 7
-
- Utiliza o cable de "terra" para tocar as cabezas do cravos e comprobar finalmente que todo funciona.
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Para facer as perforacións para os cravos, podemos facilitarlle un punzón para que a tarefa sexa máis sinxela.
Na páxina de Scratch non é preciso rexistrarse, basta con ter conexión a Internet para comezar a crear. Pero si queremos gardar a o proxecto para utilizar noutras ocasións será preciso rexistrarse. Como mestres podemos crear contar para os alumnos con usuarios creados por nós, sen que sexa necesario que teñan mail.
Para crear voces en off, hai aplicacións gratuítas onde escribes o texto e decides que tipo de voz queres utlizar (Naraket, Vozfly...). Unha vez a teñades escollida, debedes darlle a gravar dende Scratch e darlle a play na aplicación da voz en off. Teredes a opción en Scratch de eliminar os primeiros segundos onde se escoita o "click" do rato para darlle a play na aplicación.
Para organizar os cables pola parte de atrás do mapamundi, aconsello ir poñéndolles cinta adhesiva a medida que os vamos poñendo e sempre comprobar antes que está no comando correcto da placa.
O cable de "terra" servirá como de variña polo que se lle podería facer unha adaptación con cartón sempre que a punta onde vaia conectada sexa metálica. Para elo podemos utilizar un pouco de papel de aluminio.
Ao finalizar, permite que xoguen entre eles a facerse preguntas e ver si acertan tocando a cabeza metálica dos cravos dispostos polo mapa.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
Imaxe
|
Imaxe
|