Ágora dixital
Gústache xogar coa plastilina? Convertámonos en profesionais modeladores de plastilina creando todo tipo de monstros, animais, etc. Para darlle un toque máis creativo e STEAM, colócalle uns leds á túa creación para brille na escuridade.

Cesta de materiais
Preme nos puntos interactivos da imaxe.
Mans á obra
- Paso 1
-
- Moldeamos coa plastilina dúas bolas de cores distintas ou iguais.
- Paso 2
-
- Entre as dúas bolas de plastilina colocamos unha cartolina.
- Paso 3
-
- Colocámoslle ollos, pelos, nariz e boca ao noso monstro ou creación.
- Paso 4
-
- Colocamos uns leds entre as dúas bolas de plastilina.
- Paso 5
-
- Inserimos a pila no portapilas e conectámolo ao noso monstro.
- Se todo está ben, deberemos ter un monstriño ou creación con luz.
Tips docentes
Os tips do profesorado son pequenas axudas para desenvolver a estratexia educativa de forma adecuada.
Colocar os leds “ben”, é dicir, o positivo onde conectemos o cable positivo da pila e o negativo co negativo, para que os leds se poidan acender.
Vixiar cando o alumnado estea a manipular a pila e ao conectala, para evitar que a metan na boca pois dá unha pequena descarga.
A túa clase nun clic
Implementa esta microsecuencia na túa aula Moodle (Descarga dispoñible en galego ou castelán).
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |

