Soporte e asesoramento

Soporte e asesoramento

Asesoría Abalar de zona

Os asesores/as Abalar de zona (AMTEGA) dan soporte e asesoramento a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, atendendo ás necesidades dos centros de cada zona en materia de novas tecnoloxías, aplicacións corporativas, plataformas dixitais, infraestruturas tecnolóxicas e proxectos educativos de carácter tecnolóxico.

Para os centros educativos a asesoría Abalar da súa zona é a principal referencia en canto a soporte e asesoramento e representa o primeiro nivel de atención para o profesorado.

Os asesores/as de zona están distribuídos en 22 zonas xeográficas, identificadas cada unha delas polo nome da localidade onde inicialmente foi ubicado/a físicamente cada asesor/a. Na actualidade estas zonas continúan conservando o mesmo nome identificativo aínda que nalgúns casos o/a asesor/a está ubicado/a noutra localidade dentro da mesma zona.

O profesorado e os centros educativos poden dirixirse á asesoría Abalar da súa zona para calquera cuestión relacionada co equipamento, as novas tecnoloxías e os proxectos educativos de carácter tecnolóxico da Xunta de Galicia.

 


  Asesorías Abalar de zona
Datos de contacto
Imaxe
cabeceira-banner

 

 


 

Unidade de Atención a Centros

Se vostede desexa enviar unha consulta, comentario ou rexistrar unha incidencia pode:

Atenderemos a súa demanda o antes posible.

 

 


 

Soporte Premium (E-DIXGAL)

Dende o comenzo do curso 2018/2019, o alumnado, familias e profesorado que sexan usuarios da educación dixital E-Dixgal teñen á súa disposición un Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

Trátase dun servizo que atende as seguintes necesidades:

- Información sobre os distintos elementos do proxecto: consultas, dúbidas, ...

- Comunicación e resolución de averias sobre o equipamento do proxecto

- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno

Este servizo presta atención a través das seguintes canles:

De xeito remoto a través da canle telefónica (24x7) durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

 - A través do número de teléfono 881 86 99 00

 - De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal

 - A través do WhatsApp no número 604 06 78 56

 - A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

De xeito presencial, mediante técnicos que se desprazan ao centro educativo no que se produce a incidencia

De xeito presencial, mediante técnicos que se desprazan a ubicación concreta onde se atopa o equipo do alumnado, se fose preciso para a resolución da incidencia.