Descarga e instalación

Descarga e instalación

A aplicación abalarPro é unha aplicación da Xunta de Galicia que permite a interacción dos docentes de centros educativos pertencentes a Consellería de Educación coas familias do alumnado. Esta app está dispoñible para a súa descarga e instalación en dispositivos móbiles con sistema operativo Android e iOS.

Imaxe
app store - google play

 

Unha vez descargada a aplicación abalarPro, o primeiro paso será introducir as credenciais corporativas (nome de usuario e contrasinal corporativos) e aceptar as políticas de privacidade, que se poden ler antes premendo na ligazón.

Tamén podemos configurar o PIN de maneira instantánea.