Portas violetas
Palabras Clave

IES David Buján

Imaxe
Anxo Carracedo redondo

Portas violetas é un proxecto que pretende dar a coñecer persoas relevantes da cultura e da ciencia galegas. Cada inauguración dunha nova porta vai asociada a un acto de presentación da persoa á que se lle dedica dita porta. Isto contribúe a difundir aspectos da súa biografía e obra. Neste acto de presentación, o alumnado é o protagonista, mentres que o profesorado toma un papel de guía que acompaña no proceso.

Despois de ver experiencias similares noutros centros educativos e de detectar que aínda había unha carencia no coñecemento que o noso alumnado tiña de mulleres importantes na súa cultura, tratamos de ampliar as posibilidades do traballo incorporando a perspectiva de xénero.

 

Imaxe
Fina Casalderrey

O tipo de espazo no que intervir foi moi importante. A colocación de vinilos require ter moi en conta a superficie, a escolla da imaxe para que manteña unha estética adecuada e a elección da personaxe. Con isto, traballamos tamén contidos asociados á imaxe por parte de un ou varios departamentos. 

 

As persoas que levaron a cabo a renovación destes espazos fixérono de maneira autodidacta. Buscaron información entre profesionais da imaxe e, coa colaboración de cada un dos departamentos implicados, engadiron personaxes destacadas dentro do mundo da literatura, as artes, as matemáticas ou a investigación científica.