Ágora dixital
Pensemos en equipo, pensemos diferente.

Por que: A chuvia de ideas realízase co obxectivo de aproveitar a diversidade de coñecementos, perspectivas, olladas e habilidades de cada participante do proxecto, que poderá achegar as ideas máis orixinais e adecuadas. Búscase crear un ambiente aberto, sempre cunha escoita activa e libre de críticas e prexuízos. Todas as persoas participantes teñen que sentirse cómodas á hora de expoñer as súas achegas, compartindo os seus pensamentos e dando novas ideas sen restricións.

Que: Unha chuvia de ideas, tamén coñecida como tormenta de ideas ou brainstorming, é unha técnica utilizada para xerar ideas de maneira rápida e creativa nun grupo de persoas. No contexto dun proxecto de educación STEM (polas súas siglas en inglés, Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), utilízase para fomentar a xeración de ideas e solucións innovadoras relacionadas co tema ou problema específico que se está a abordar.

Como: Os pasos básicos para levar adiante unha chuvia de ideas son seis, mais poden adaptarse ao grupo participante.


Cando: A chuvia de ideas pode realizarse en diferentes momentos durante o desenvolvemento do proxecto, dependendo das súas necesidades e etapas. O ideal é levala a cabo nas fases iniciais para definir o enfoque do proxecto, ou durante o proceso de resolución de problemas, ou mesmo para deseñar posibles melloras ou ampliacións en etapas posteriores.

Onde: A chuvia de ideas utilízase nunha contorna escolar, institucional ou comunitaria onde se implementa o proxecto. En canto ao lugar, non é necesario un espazo físico determinado xa que calquera aula, laboratorio ou sala de reunións pode ser adecuado. Dentro deste espazo físico podes utilizar encerados, papel ou ferramentas dixitais colaborativas.
O teu plan nun clic
Podes descargar esta estratexia completa en forma de presentación, resumo e infografía para su emprego na aula.
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |