Facer unha Festa da ciencia e a tecnoloxía en 10 pasos.
Competencias
Palabras Clave

 

Imaxe
extra_1

 

Por que: Facer unha feira de ciencia e tecnoloxía no teu centro educativo fomenta a curiosidade, a creatividade e o pensamento crítico. Permite ao alumnado aprender facendo, experimentando e compartindo coñecemento con outras persoas. Mellora a comunicación científica, impulsa o traballo en equipo e a resolución de problemas. Ademais, visibiliza a ciencia na comunidade escolar, promove vocacións STEM e crea un ambiente de aprendizaxe motivador e participativo, facendo da ciencia algo emocionante e accesible.

Imaxe
extra_2

Que é: A MiniFest Ágora é unha festa da ciencia e a tecnoloxía que ofrece a todo o alumnado a oportunidade de participar nun evento científico. Estrutúrase en tres partes: unha feira científica, onde se presentan investigacións escolares; un festival científico, con demostracións impactantes; e un concurso de robóticaO obxectivo é garantir que todas as crianzas vivan a experiencia dunha feira científica polo menos unha vez na vida.

MiniFest Ágora=Feira científica+Festival científico+Concurso de robótica
Imaxe
extra_3

Como: En somentes 10 pasos teremos as claves máis importantes para facer unha MiniFest de ciencia e tecnoloxía no centro escolar.

Imaxe
E7.3
Imaxe
E7.2
Imaxe
extra_4

Cando: A MiniFest Ágora celebrarase desde marzo ata o 17 de maio. Todos os centros interesados poderán organizar a súa propia MiniFest, seguindo as guías proporcionadas polo Centro de Innovación Educativa e Dixital (CIEDix). Para iso, só precisan unirse á Liga Ágora, a rede de escolas que organizan estes eventos. O obxectivo é facilitar a participación de todo o alumnado en experiencias científicas e tecnolóxicas, promovendo a divulgación e a experimentación de maneira accesible e inclusiva.

Imaxe
extra_5

Onde: Para organizar a MiniFest Ágora, é preciso un espazo amplo e flexible. As localizacións recomendadas son:

  • Biblioteca, se non se require moito espazo nin actividades con auga ou ruído, favorecendo a avaliación do xurado.
  • Aula, ideal para eventos pequenos dentro do horario escolar.
  • Sala de usos múltiples, versátil e dispoñible en distintos momentos.
  • Comedor, amplo e fácil de acondicionar pola tarde.
  • Hall de entrada, accesible para toda a comunidade.
  • Ximnasio, adecuado para feiras de maior dimensión.

O teu plan nun clic

Podes empregar esta estratexia completa en forma de infografía para o seu emprego no grupo do club de ciencia.

 
Imaxe
agora_icona_2