Indagación
Palabras Clave

 

Buscamos unha explicación a un fenómeno sorprendente.

Video file
Imaxe
extra_1

Por que: En moitas ocasións o alumnado observa un fenómeno que precisa explicación xa que non comprende o que está a suceder. O procedemento máis sinxelo é realizar unha pregunta e respondela directamente. Porén, a mellor maneira de aprender de forma autónoma é que o alumnado indague e resolva o problema por si mesmo, sempre con apoio docente.

Imaxe
extra_2

Que: Aprender comprendendo é diferente a lembrar feitos. Isto non quere dicir que os datos non sexan importantes, senón que son insuficientes para coñecer un concepto. É necesario saber o nome dos planetas, pero é imprescindible que o alumnado coñeza as interaccións entre eles e así pescudar por que e como se moven.

Os principios e conceptos non deberían transmitirse directamente ao alumnado, senón que deberían ser recreados simulando as condicións orixinais e adaptados ao pensamento de cada estudante.

Imaxe
extra_3

Como: Normalmente identifícanse e desenvólvense 6 fases consecutivas.

Imaxe
2_estratexias_infografias_gal
Imaxe
extra_4

Cando: Dentro dunha ABP ou unha ApS onde necesitemos explorar solucións a problemas e queiramos experimentar fenómenos cotiás ou sorprendentes.

Imaxe
extra_5

Onde: Necesitamos un espazo flexible, amplo, o máis aberto posible, onde os equipos poidan agruparse e moverse libremente.  Pode realizarse dentro do laboratorio asegurando unha marxe de liberdade de movementos.

 

O teu plan nun clic

Podes descargar esta estratexia completa en forma de presentación, resumo e infografía para su emprego na aula.

Imaxe
agora_1
Imaxe
agora_icona_2
Imaxe
agora_icona_3