Ágora dixital
Identificando elementos do proxecto.

Por que: Os mapas de axentes son ferramentas dinámicas de gran utilidade cando queremos comprender as interaccións entre os axentes dun proxecto. No mapeamento destes axentes identifícanse os actores principais, a súa comunicación, as colaboracións que se establecen entre eles e o impacto final sobre o grupo.

Que: O mapa é a representación visual dos axentes implicados e das súas interaccións. Este proporciona unha visión global que permite a súa valoración pola persoa coordinadora ou xestora do proxecto.

Como: Para realizar un mapa de axentes podemos seguir unha serie de etapas ou pasos.


Cando: Xeralmente realízase ao inicio do proxecto para ter unha visión máis nítida deste. Porén, dado o seu carácter dinámico, cómpre facer revisións e actualizacións periódicas.

Onde: Dependendo das características do proxecto e dos seus axentes, pode facerse de xeito analóxico, cun soporte físico en papel ou taboleiro, ou nun medio dixital, empregando unha ferramenta que permita a súa creación de xeito sinxelo e que facilite a a súa actualización rapidamente.
O teu plan nun clic
Podes descargar esta estratexia completa en forma de presentación, resumo e infografía para su emprego na aula.
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |