Ágora dixital
Determinando a situación do proxecto.

Por que: O mapa de posicionamento é importante para un proxecto STEM porque axuda a visualizar a súa singularidade e o seu valor diferencial no contexto educativo e STEM. Permite identificar o que o distingue doutros proxectos e como pode destacarse. Ademais, ao analizar a posición do proxecto, pódense identificar oportunidades de colaboración entre centros educativos, identificar brechas na proposta ou áreas de enfoque pouco desenvolvidas, e establecer estratexias para maximizar o impacto e a visibilidade do proxecto.
O mapa de posicionamento tamén pode ser útil para comunicar de maneira efectiva os aspectos clave do proxecto a outros axentes interesados, como institucións educativas, patrocinadores, comunidade educativa e potenciais colaboradores.

Que: É unha representación visual que mostra a posición relativa do proxecto fronte a dúas ou máis características, situadas en eixos, proporcionando unha imaxe clara do seu estado e describindo a contorna desde o punto de vista da persoa usuaria para descubrir como se atopa posicionado.

Como: As percepcións dos axentes involucrados no proxecto plásmanse sobre eixos de coordenadas. Os máis sinxelos posúen só dous eixos (X e Y) pero é posible estendelo engadindo máis eixos, por exemplo 4. Neles sitúanse as propiedades máis relevantes que queiramos valorar, establecendo dous polos, un para valores positivos e un contrario para valores negativos. O proceso que temos que seguir sería o seguinte:


Cando: Esta representación gráfica pode crearse en calquera momento, tanto na planificación como no seu desenvolvemento. É moi útil tela a man desde as etapas iniciais para valorar os cambios de estratexia de cara a garantir o éxito do proxecto.

Onde: O mapa de posicionamento utilízase nunha contorna escolar, institucional ou comunitaria onde se implementa o proxecto. Este alcance pode ser variado, tanto a nivel local, rexional, nacional ou mesmo internacional como un proxecto europeo Erasmus+.
O teu plan nun clic
Podes descargar esta estratexia completa en forma de presentación, resumo e infografía para su emprego na aula.
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |